Archive for Outubro, 2007

Segundo Murguía, a morte é o vencello misterioso e invisible das almas, unidas polos íntimos afectos que aquí no mundo as xuntaron. É o limiar dunha nova vida, que representa a vida eterna, sen medo á morte que non virá endexamais.
(máis…)

A Torre de Hércules é o único faro de orixe romana que se mantén en activo en todo o mundo. En xuño de 2009 foi declarada Patrimonio da Humanidade.
(máis…)

Elena Espinosa Mangana(Política)

Elena Espinosa Mangana (Ourense, 1960), é licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela.

En xuño de 2004 foi nombrada ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación. Antes do seu nombramento fora a primeira muller que presidira unha Autoridad Portuaria, a do porto de Vigo.

A súa xestión ó frente do Ministerio fixo que en abril do 2008, trala investidura por segunda vez do candidato do PSOE, José Luis Rodríguez Zapatero, fose nomeada Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.

Elena Salgado Méndez(Política)

Nacida en Ourense en 1949, Elena Salgado é enxeñeira industrial ademais de economista.

Nombrada ministra de Sanidade e Consumo no ano 2004 polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, a medida máis significativa tomada durante o seu mandato foi a lei antitabaco que entrou en vigor en España o 1 de xaneiro de 2006.

Foi ministra de Administracións Públicas ata abril do 2009 no que pasou a ser ministra de Economía e Facenda ademais de vicepresidenta segunda do Goberno.

Fernando Silva Sande(Activista)

Fernando Silva Sande é natural da parroquia de Adraño, no concello de Carnota.

É membro do GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre), organización terrorista de extrema esquerda, desde 1975. Foi o máximo responsable do aparato militar da organización.

Despois de ser detido e cumplir condena varias veces, en 1992 fugouse do cárcere de Granada, foi novamente detido en París en novembro do 2000 sendo extraditado a España posteriormente.

(Tenente de navío)

Jacinto Caamaño naceu o 8 de setembro de 1759. O seu pai, Juan Fernández Caamaño, natural de San Martiño do Grove (Pontevedra), pertencía a unha das familias de maior avoengo de Galicia. A súa nai, María Moraleja, era natural de Villalba de Rey (Cuenca).

(máis…)

José María Plácido Caamaño(Político)

José María Plácido Caamaño e Gómez Cornejo naceu o 5 de outubro de 1837 en Guayaquil (Ecuador), era neto do almirante español Jacinto Caamaño, fillo este de Juan Fernández Caamaño de O Grove (Pontevedra). Doutor en Xurisprudencia, foi membro de doce academias de Europa e América.

(máis…)

Alejandro Sanz(Cantante)

Alejandro Sánchez Pizarro naceu o 18 de decembro de 1968 no madrileño barrio de Moratalaz, con raíces andaluzas e tamén galegas, un dos seus avós é de Santiago.

De nome artístico Alejandro Sanz, a vida deste compositor, músico e cantante estivo sempre ligada á música.

Tabaré Vázquez(Político)

Descendente de galegos; os seus avós paternos viñeron de Galicia, o seu avó de Ourense, e a súa avoa de Santiago de Compostela.

Tabaré Ramón Vázquez Rosas naceu no barrio La Teja da cidade de Montevideo, o 17 de Xaneiro de 1940. O seu pai, Héctor Vázquez, e a súa muller, Elena Rosas, tiveron cinco fillos. Tabaré foi o cuarto. Está casado con María Auxiliadora Delgado, ten tres fillos: Ignacio, Álvaro e Javier e criaron outro, Fabián Barbosa.

(máis…)

A lingua galega, amosa un amplo abanico de matices, para expresa-los fenómenos atmosféricos. As expresións do tempo atmósferico, na lingua galega, adoita facerse cos verbos haber e ir, e non co verbo facer, como acostuma o castelán:

Vai ou ir mal tempo / vai ou ir bo tempo…

(máis…)