O adverbios son vocábulos invariables que modifican o verbo (chegou tarde), o adxectivo (está ben cocido),un adverbio (viña moi lonxe) ou mesmamente unha oración enteira (sinxelamente non quero comer)
As locucións adverbiais son grupos de palabras que xuntas funcionan coma adverbios (por exemplo: a miúdo, ao chou, de vagar, etc. Moitos adverbios rematan no sufixo -mente, e fórmanse de adxectivos femininos por exemplo: calada + mente= caladamente; estes adverbios non levan acento gráfico.

1.- Adverbios situacionais de lugar. Onde? ulo,a,os,as?

aquí.. aí.. alí : repouso, estado
acó .. aló : movemento
acá .. alá : repouso e movemento
acolá : usado moito como 2º termo dunha oposición.

dentro / fóra │ arredor-ao redor │ cerca-preto / lonxe │ arriba-enriba-derriba-encima / abaixo-embaixo-debaixo │adiante-en fronte-diante / atrás-detrás │velaí │ velaquí │ algures │ ningures │ xalundes │

Algunhas locucións adverbiais:

a carón │ ao pé │ á beira │ a rente(s) │ á dereita │ á esquerda │ adesmán │ a contramán │:

2.- Adverbios situacionais de tempo. Cando?

Antano │ hogano (hoxe en día) │sempre │ decote │ asemade (ó mesmo tempo, simultaneamente) │
Antonte │trasantonte (antes de antonte) │ onte │ hoxe │ mañá │ pasadomañá │
Antes │ noutrora │ agora-aresto │ despois │ outrora │aínda │ xa │ mentres │ nunca │ xamais-endexamais │ xacando-antano (noutro tempo) │antes │ entón │ logo │ daquela │ axiña │ cedo/tarde │arreo (de modo continuo, sen interrupción) │ pronto │ seguido │ sempre?

Algunhas locucións adverbiais:

de contado │de camiño │ a deshora │ ás veces │ aos poucos │ a cotío │ a miúdo │á tardiña │ de cando en vez │hoxe en día │?

3.- Adverbios nocionais de modo. Como?

así │ ben │mellor │ como │ gratis │ mal │peor │engorde │paseniño-engorde( Pouco a pouco, de vagar-a modo) │ case │adrede…

-Adxectivos:
alto / baixo │ doado │ só

-Adxectivos co sufixo -mente:
comodamente │ facilmente │ soamente │

Algunhas locucións adverbiais:

de présa │ de vagar │ a modo │ a escape │ ás carreiras │ a eito │a feito │ ao chou │ás toas │a treu │ de balde │de súpeto/de socato ou de socate ( por sorpresa, de golpe ) │ a mantenta │a tergo │ a priore │ a posteriore │ a fito │ fito a fito ou fite a fite │de bruzos ou de fociños │oblicuamente ou de esguello │de chupa-los dedos uo para lambe-los dedos │.

4.- Adverbios nocionais de cantidade e precisión. Canto?

Pouco │ só │tanto │abondo │ algo │ bastante │ ben │ canto │ case │ dabondo│ demasiado │ máis │ menos │ moito │moi │ nada │ xusto │.

Algunhas locucións:
a mares │ ás mancheas │ a encher │ a esgalla │.

5.- Negación-afirmación-dúbida.

Compórtanse sintacticamente de xeito diferente ao adverbio. Son as tres formas de presentar unha oración canto ao xuízo nela emitido: negativo (termo marcado), positivo ou incerto.

5.1.- Negación

5.1.1. Total: colócase non entre suxeito e verbo: ti non vas
-non si? = non? non é? tampouco ca! (categórico)

-Expletivo (non nega): mira, se non é parvo…
-nin.. nin..!: coordinación negativa

5.1.2.- Parcial: un suxeito ou complemento negativo, non toda a oración.
-Nada │ ninguén │ ningún │ nunca │ xamais…!

5.2.- Afirmación. Se non hai marca negativa, calquera enunciado é de por si afirmativo (termo non marcado).
Nas respostas ha de repetirse o verbo: chegaches cedo? – Cheguei.

Reforzos da afirmación:

│ si que │abofé │ de seguro │ claro │ así è │ así mesmo │ con certeza │ de certo │ tamén │efectivamente │ certamente │ xaora……!

5.3.- Dúbida. Vale para a afirmación e para a negación.

Acaso │ quizá-quizais-quizabes │ao mellor │ talvez │ se cadra │se callar │ seica │ disque │ igual…