Xosé Neira Vilas, creador galego na emigración(Escritor)
Nado en Gres (Vilar de Cruces, Pontevedra), é un clásico da literatura galega do século XX. Emigrou con 21 anos para Bos Aires onde se formou en contacto coa intelectualidade galega alí exiliada.

A gran maioría da súa obra foi escrita na emigración arxentina e cubana (onde se traslada en 1961 coa súa muller, Anisia Miranda, galego-cubana).

A emigración está moi presente na súa obra, desde unha óptica realista, social e crítica. Súas son obras como Memorias dun neno labrego ou Historias de emigrantes. Actualmente reside en Galiza, a onde retorno tras xubilarse en Cuba, na casa onde naceu e anexa á sede da súa Fundación, a cal preside e desde onde realiza un incansable labor xornalístico e cultural.