O mes de xullo é o mes de Santiago o Maior, Apóstolo, o xinete do cabalo branco (ano 44).

“… Dice un hombre que ha visto a Santiago
en tropel con doscientos;
iban todos cubiertos de luces
con guirnaldos de verdes luceros
y el caballo que monta Santiago
era un astro de brillos intensos…”
(Balada de Lorca)

Ó longo dos últimos mil douscentos anos, milleiros de persoas buscan o sepulcro do Apóstolo no “Finis Terrae” nome que os romanos lle deron a Galiza, por selo extremo máis occidental do mundo, ata daquela coñecido.

Aínda que as motivacións que moven ós peregrinos son diversas é abraiante observala devoción de todos eles. Os testemuños de conversión e gracia abondan .

Nos Séculos XII e XIII, xurde a primeira Guía do romeiro , coñecida como Codex de Calixtinus ou Códice Calixtino ( custodiado no arquivo da Catedral de Santiago), e da cal di selo autor, o papa Calixto II. O Codex Calixtinus consta de consellos, descricións da ruta, obras de arte, e das costumes locais das xentes que vivían o lungo do camiño. Tamén contén sermóns, milagres e textos litúrxicos en relación có Apóstol Santiago.

O papa Calixto II, outorgou a Igrexa Compostelana, o ” Xubileo Pleno de Ano Santo” e Alexandro III declarouno perpetuo, converténdose Santiago de Compostela en Cidade Santa, xunto coas de Xerusalén e Roma. O Ano Santo celébrase cada vez que a festividade do apóstole, o 25 de xullo, cadra en domingo

Santiago de Compostela é desde o sécolo IX, crisol de formación cultural e médula da espiritualidade dun continente, un eixe que cativa á fieis de tódolos recunchos do mundo, coñecido ata o Sepulcro do Apóstolo

ROMANCE DE DON GAIFEROS

I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela, non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.

-I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.
-Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles, brilante como un altar.

-Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.
-I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela, foron á Catedral,
Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar,
porque morrerei contento nesta santa Catedral.

E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar.
O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar
E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.
Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai

“Al que van a venerar las gentes, Santiago hijo de Zebedeo, la tierra de Galicia lo envía al cielo estrellado” Códice Calixtino, s. XII