Archive for Xullo, 2007

(Expresión de impotencia ante un mal comportamiento) ¡No sé qué hacer contigo (con él)! o ¡No sé qué hacerte/le!

O pintor Luís Seoane, fillo da emigración, tamén ten unha interesante obra poética. Velaquí un poema tirado do seu Fardel do eisiliado, que seguro que vos vai emocionar:
(máis…)

Luís Seoane, fillo de galegos emigrador(Pintor, poeta, dramaturgo, activista cultural…)
Fillo de emigrantes galegos nado en Bos Aires, é unha das figuras máis brillantes da arte galega. Morreu na Coruña en 1979. Entre outros feitos destacables na súa actividade cultural, foi co-creador do Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá Sargadelos. Foi un estudoso das formas galegas ao longo da historia, as cales influiron no seu persoal estilo pictórico. En poesía ten especial interese para nós pola súa temática emigratoria, o seu poemario Fardel do eisiliado.

Xosé Neira Vilas, creador galego na emigración(Escritor)
Nado en Gres (Vilar de Cruces, Pontevedra), é un clásico da literatura galega do século XX. Emigrou con 21 anos para Bos Aires onde se formou en contacto coa intelectualidade galega alí exiliada.

(máis…)

Lorenzo Varela, escritor fillo de galegos(Escritor e militante comunista)
Fillos de galegos de Monterroso (Lugo) naceu na Habana en 1916 e morreu en Madrid en 1978. Viviu a maior parte da súa vida fóra de Galiza (Cuba, Bos Aires, Madrid, Franza…). Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2005.

Anisia Miranda, filla de galegos(Xornalista)

Filla de emigrantes galegos, nada en Ciego de Ávila (Cuba) en 1932. En Bos Aires, onde estudou xornalismo, coñeceu a Xosé Neira Vilas con quen casa e se tralada para a Cuba revolucionaria en 1961. Foi cofundadora da editorial Follas Novas en Bos Aires, ademais de varias revistas para nenos en Cuba. Activista pola difusión da cultura galega, xornalista e escritora, destaca especialmente a súa obra na literatura infantil.

Un médico cura,
dous dubidan,
e tres morte segura

Non merques a quen mercou,
merca a quen herdou, que non sabe o que custou.

Expresión de gran sorpresa. Polo xeral amosa sorpresa e mais desgusto. Pronúnciase toda moi seguida como se fose unha única palabra, co ‘a’ de ‘coma’ case omitida e énfase no ‘e’ de ‘demo’: algo así Ainonmecom’odémo!
Relacionado: Ai non me falte Deus!

Á porta do rezador…
non deixes o trigo ao sol