Apuntamentos que termos en conta no emprego do verbo en galego.

  • No galego non hai tempos compostos con haber, polo que non podemos empregar formas como * había comido un xelado ou * hemos feito unha viaxe . O correcto sería : (comera un xelado, fixemos unha viaxe.
  • A segunda persoa de singular do pretérito perfeito de indicativo acaba sempre en –S:
    amaches, fuches, viaxaches, cantaches, partiches, comiches…
  • As primeiras e segundas persoas de plural do copretérito (pretérito imp. de ind.), do pretérito de subxuntivo (pretérito imp.), do antepretérito (pretérito pluscuamp.) e do pospretérito (condicional) levan acentuación grave e non esdrúxula: cantabamos, sabiades, cantasemos, partirades, cantariamos…
    e non: *cantábamos, *sabíades, *cantásemos, *partírades, *cantaríamos… que son castelanismos.
  • Os verbos acabados en -cer e -cir, agás facer, dicir e derivados, son absolutamente regulares, Por tanto evitaramos formas como * onte traduxen o testo de francés, * meo curmá conduxo lungo a viaxe, *nunca obedezco ordes.
    Correcto sería: onte traducín o testo de francés, meo curmá conduciu lungo a viaxe, nunca obedezo ordes.
  • Os verbos rematados en –uír son regulares en galego : tribuír (atribuír, contribuír…), imbuír, inmiscuír, argüír, -cluír (concluír, recluír…), fIuír e derivados, diluír, -struír (construír, destruír…), estatuír, -stituír (destituír, restituír, incluír, etc). inclúo, inclúe, inclúa…
    e non *incluio, incluie, incluia. Na primeira e segunda persoa do plural do copretérito levan uhna diérese ( °°) sobre o “ i “, para deixar claro que este forma sílaba por si mesmo, e non diptongo: incluïmos, incluïades. Inmiscuïmos, inmiscuïades
  • Os verbos rematados en –aer, -oer, -aír, -oír , son regulares, mais introducen un – i – sen valor morfóloxico entre a raíz e a desinencia cando esta empeza por o ou por a: caio, caïamos – moía, moïamos – oia, oïamos – saia, saïamos…