O 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro dedicaba o seu poemario “Cantares Gallegos” a Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero). En 1963, no centenario de tal fito, a RAG, a proposta do seu académico Francisco Fenández del Riego, decidiu conmemoralo, instituíndo o Día das Letras Galegas. Este ano 2007, ven homenaxeada a noiesa : María Mariño Carou, figura literaria de inxente orixinalidade, na historia das nosas letras

María Mariño Carou, naceo en Noia o 8 de xuño de 1907, no seno duhna familia humilde. Deixou moi nova a escola para exercer de costureira, e è precisamente esta circunstancia que lle permitirá entrar en contacto coa literatura escrita,enriquecendo a súa formación e sensibilide a través da lectura na magnífica biblioteca do Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro), onde ela estaba a traballar.

Vive parte da guerra civil española en Algorta (Biscaia), posteriormente, producto das lembramzas desta traxedia, escribiría o relato inédito “Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra”. Casou e tivo un fillo, que morrería o mes e medio de nacer. Este feito máis a morte de súa nai, sumirianna nunha profunda depresión nerviosa.

Regresa a Galiza , e en 1953 coñece a Uxío Novoneyra, quen se convertiría nun forte estímulo pra que María Mariño comezara novamente a escribir, e mediante o cual, superaría o illamente en que vivía. Entra en contacto con diferentes escritores, entre eles Manuel María e Ramón Piñeiro, sen embargo a súa relación con persoas vinculadas ao ámbito cultural galego serían moi escasas e case sempre promovidas por Novoneyra.

En 1963, a editorial Celta de Lugo publica “Palabra no Tempo”, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. 20 anos máis tarde publicánse ” Verba que comenza”, con poemas escritos nos últimos anos de vida.

No seu primeiro poemario emplea a métrica tradicional, cambiando o versolibrismo (versos libres) en “Palabra no Tempo”, pero cunha inconfundible e constante traxectoría de intimismo radical e liguaxe rupturista.

María Mariño morreo en O Courel, víctima de uhna leucemia, o 19 de maio de 1967.

PALABRA NO TEMPO

¡Inda vou na misma meniña
aquela que fogueaba sin leito!

¡Son aquela!
¡Son aquela que no bosco
escuitaba o himno dela!

Son aquela mañanciña,
entre orballo das rosas,
enre area de sendeiros,
onde atopaba a campana.

Caladiña eu chamaba
en berros que hoxe esquezo,
cando o navío de lonxe
o meu mar cheo atracaba.

¡Son aquela!
Son aquela tarde queda
que no serán se chamaba
miña aurora sin coores
chea dun farto rebusco
que en un xordo a min chegaba.

¡Son aquela!
Son aquela pena nubra
que de mofo entrenzaba
a lonxe voz do poeta,
cando aínda non sabía
que era pra ela
o que aquela voz narraba.

¡Son aquela!
Son aquela sempre soia
que paseaba a ribeira
a ver si nela atopaba,
a ver si nela afogaba.

Eu non sei,
eu non sei son sinceira.
Eu sentía un lonxe triste,
eu sentía nel ledicia,
eu quería quedar soia,
eu quería compañía,
¡aquela que eu non sabía!

Hoxe o sol enxuga a néboa.
Os dous tecen amores.
¡Han de saber algo dela!

VERBA QUE COMENZA

Linme hoxe toda por dentro,
¡Linme!
¡Como me está chegando!
¡Como me apaña!
Eu non sei,
non sei si me chega ou vou por ela.
Non o sei.
¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas?
Hoxe,
hoxe, día de todos en un.
Infindá do tempo. ¡Hoxe!
Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas,
sin velas,
sin barcos en coor vello.
Hoxe, ¿de quen?
Hoxe: dirán uns.
Hoxe: dirán outros mentras…
mentras reparan no que non hai.
En hoxe todos,
todos damos do fin o paso del.

¡Meu amigo, onte!
Ti vas quedando,
quedas pregón que enmarca nas áas do tempo a voz
que ti mismo diches sinxela e pulida, aquela.
Ti quedas como queda o aire
entre as cousas que son
como queda a loita,
como queda a terra,
como queda a Forza
aquela en que ti vas hasta a derradeira,
derradeira,
vas calado.
Calas mentras contas as presadas que de nós van
caendo,
vas na verba,
verba que rixe,
verba enteira que é.
Vas e dis anque calas e non cingues
xeito novo.
Pro si:
de nós levas.