Archive for Maio, 2007

(Profesor)

Antonio Fraguas Fraguas naceu en Loureiro de Cotobade (Pontevedra) o 28 de decembro de 1905. Logo de cursar o bacharelato no Instituto de Pontevedra, trasládase a Santiago para estudiar Filosofía e Letras. Licénciase en 1928; o doutorado vaino obter en 1950 cunha tese sobre o Colexio de Fonseca.

(máis…)

Había en Castrelos un ferreiro que deixara decorrer os días da súa mocidade sen decatarse de que había mulleres no mundo, e chegando a vello deulle por se namorar tolamente dunha rapaza nova moi cobizada por tódolos mozos da freigresía. O ferreiro era rico e logrou facerse dono da mellor xoia de Castrelos; mais os mozos, xuramentados, lograron acedarlle a vida

(máis…)

Apuntamentos que termos en conta no emprego do verbo en galego.
(máis…)

Longa entrevista con Francisco Rodríguez, filólogo e deputado do BNG no Congreso dos Deputados, na que fala amplamente da historia do nacionalismo galego, da situación política, cultural e lingüística da Galiza na actualidade, e da figura de Rosalía de Castro e a mentira argallada durante anos arredor da súa figura.

O 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro dedicaba o seu poemario “Cantares Gallegos” a Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero). En 1963, no centenario de tal fito, a RAG, a proposta do seu académico Francisco Fenández del Riego, decidiu conmemoralo, instituíndo o Día das Letras Galegas. Este ano 2007, ven homenaxeada a noiesa : María Mariño Carou, figura literaria de inxente orixinalidade, na historia das nosas letras
(máis…)

Ademais de ter un significado especial na nosa historia común con Irlanda, o mes de Maio é un mes marcado por tradicións étnicas, pagás e agrícolas moi importante para o noso pobo. Imos fixar a ollada sobre as relacionadas coa festa de Beltaine, o lume do deus Bel, que marca o comezo do verán celta.
(máis…)

Seguindo co relato da conquista galega de Irlanda, publicamos aquí unha tradución libre a partir da versión inglesa do poema que conta a lenda que recitou o druida xefe e fillo do príncipe celta Mil, en canto puxo pe sobre aquelas terras.
(máis…)

Tal día coma hoxe, na festividade celta de Beltaine (comezo dos seis meses de verán), os irmáns dos nosos antergos castrexos desembarcaron nas costas de Eire e comezaron a súa conquista. Alí lles deixarían a súa lingua (o celta goidélico), a raza (son considerados os primeiros habitantes gaélicos da illa) e cultura, dando orixe á nación celta por excelencia.
(máis…)