Era unha viúva moi pobriña e tiña un fato de fillos pequechos.
Un día, o máis grandiño, que apenas xa era coma unha frangulla, foí e díxolle:


-Mi madre, eu xa logo son un home e podía botarme polo mundo. ¿Déixame ir servir?
-¡Ai, meu filliño! -díxolle ela-.
Eu deixar, deixo, abofé, mais o servir éche moí trabajoso, meu filliño. Non coídes que as casas de servir son bens de herdar. Vaite cando queiras, maís índa has botar de menos a túa casiña, poís con toda a pobreza vale moito máis a casa de cada un que a casa máis rica cando é allea, mais que che pese, pois a túa éche sempre boa, o que non che é a allea, onde ao criado novo danlle pan e ovo, e ao criado vello danlle o pan do demo.
Foise o rapaz cavilando no que a súa nai lle dixera e, como era moi espelido, sempre que chegaba a unha casa preguntaba:
-E logo, ¿seica que queren un criado? Se lle dicían que non, seguía camíño adiante e, cando unha vez lle dixeron que si, preguntou de contado: -¿E como enfrían o caldo nesta casa?
Mirouno con estrañeza a dona e respondeulle:
-¿E con que ha de se enfriar? Con auga, neniño, con auga. O rapaz daquela tocou á andar e outro día, ao preguntar noutra casa, respondéronlle:
-Soprando, meu neno, soprando. Tampouco lle conviu e seguiu para adiante e, ao cabo, acontecen despois de moito camiñar que chegou onde unha velliña, e, ao lle dicir el: -¿E como enfrían o caldo nesta casa?
Dixo ela: -Con pan, meu filliño, con pan. Daquela o rapaz cavilou que a casa era boa e quedouse nela e disque atinou tan ben e se deu tan bo xeito co seu saber que botou alí moitos anos, os vellos tomáronlle lei e seica foi o seu herdeiro.