Archive for Setembro, 2006

Ele era un vello, moi velliño, que tiñalle gañado moito medo a morte, e tanto era o que cavilaba como viría e a que hora podería chegar, que disque nen tiña xor, nen era vivir como ele vivía.
(máis…)

Un clásico imprescindible da literatura galega, biografía intelectual da Xeración Nós. “O seu protagonista (…) é un mozo intelectual (…) que sofre polas dificultades que atopa para definir a súa identidade espiritual. (…) despois de peregrinar angustiosamente pola cultura europea, descobre na Galicia natal a clave da súa personalidade” (extraído da lapela da 4ª ed. de Galaxia)

Adicada a todos os nosos devanceiros que sacrificaron as súas familias en busca dun futuro mellor; ás mulleres, a todas, que cos seus brazos fortes e o seu gran carácter fixeron de Galicia unha gran rexión e foron un exemplo para as demais mulleres doutras latitudes.

Era unha viúva moi pobriña e tiña un fato de fillos pequechos.
Un día, o máis grandiño, que apenas xa era coma unha frangulla, foí e díxolle:

(máis…)

Daquela, inda os animais falaban.
Foi un día en que ao can vello corrérano a paus do palleiro. Estarrecíalle o corpo de cavilar como a tía Marica, brincando con el a fungueirazos, berraba coma unha condenada:
(máis…)