Ven 4 Ago 2006
Calzados Lola
Posted by casdeiro under Libros recomendados, Novela e relatos
Comentarios desactivados en Calzados Lola
Manuel, galego que vive en Madrid, ten un traballo un pouco ilegal. Un día, a súa nai chámao moribunda, e sen darse de conta el marcha a Galicia cunha casete que comprometería ao seu xefe. Este manda dous matóns a perseguilo para que recuperen a casete.
Na vila, preto de Fisterra, Manuel atopa o seu irmán pequeno Miguel, e ámbolos dous deberán afrontar a morte da nai. Con eles estará Susana, a filla do xefe de Manuel, namorada do protagonista. A morte da nai permitiralles aos dous irmáns coñecer a súa verdadeira orixe.
Gustoume, emocionoume o final, non porque este sexa especialmente emotivo, senón porque tódala novela o é. Combínanse anacos moi dramáticos, persoais, con fragmentos de acción trepidante nos que a narración é áxil, atrapando ao lector dende o principio. Como defecto, que é un pouco previsible.