Archive for Marzo, 2006

A cabalo regalado non se lle mira o dente.
Indica que hai que aceptar o que sae de balde sen lle poñer chatas.

Traducións (ES)
A caballo regalado no se le mira el diente
A caballo regalado no se le mira el bocado
A caballo regalado no le mires el dentado.

(EN) Don’t look a gift horse in the mouth.

Variantes GA:
A cabalo dado non se lle mira o dente
A cabalo regalado non se lle mira o rabo
Cabalo regalado cóllese cos ollos pechados
Do que che vén dado, non digas que é pouco nin malo
Se che dan a ovella, colle (axiña) a corda e vai por ela.

A xente da miña xeración viviu, quizás, os derradeiros tempos dunha época irrepetible tras da que moitos dos labores e oficios tradicionais dos galegos pasaron de ser un medio de vida, a seren un mero obxecto de estudo, ou un reclamo turístico, e as ferramentas que empregabamos a cotío, convertironse en reliquias de museo nun curto espazo de tempo despois prestar servizo durante séculos.

(máis…)

Queremos aproveitar que hoxe se celebra en todo o mundo o Día da Poesía, para vos achegar unha pequena escolma de breves textos de diversos autores da poesía galega. Espero que os desfrutedes e lembrade que podedes coñecer máis sobre a Literatura Galega na sección a ese tema dedicada, na sección de Libros Recomendados e tamén no noso Taboleiro, onde adoitamos comentar os nosos autores galegos favoritos.
(máis…)

ANTONIO SOTO CANALEJO: LIDER DE LA PATAGONIA REBELDE

(Activista)

Antonio Gonzalo Soto Canalejo nació el 8 de octubre de 1896 en la ciudad de Ferrol. Su padre fallece en la guerra de Cuba, poco después de nacer Antonio. Cuando cumple tres años su madre vuelve a casarse y emigran a Argentina. Ante los problemas familiares con su padrastro, su madre decide enviarlo nuevamente a Galicia.

(máis…)

(Relixioso)

FRAI ROSENDO SALVADO naceu en Tui en 1814.

Foi un dos protagonistas da defensa dos dereitos dos aborixes nun momento de plena efervescencia colonial e mentalidade racista. Con 15 anos, vai ó mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, onde destacara pola súa habilidade coa música como organista.

(máis…)

A árbore sen flor é coma o día sen sol.

O comer e o rañar, éche cousa de empezar.

A árbore sen flor é coma o día sen sol.

Traducción (ES): El árbol sin flor es como el día sin sol.

Pasou o día pasou a romaría.
Expresion que indica que xa é tarde de mais pra axir dun determinado xeito ou pra afrontar un problema ainda que se disponha da soluzon.

Pasou o día pasou a romaría.
Expresion que indica que xa é tarde de mais pra axir dun determinado xeito ou pra afrontar un problema ainda que se disponha da soluzon.