Archive for Febreiro, 2006

(Xornalista)

Naceu en Tucumán, en 1837. Estudou na Casa de Estudos de Córdoba. Volveu a Tucumán exercendo o xornalismo e, en 1857, trasladouse a Bos Aires. Obtivo o seu título de Doutor en Dereito e, en 1860, foi elixido deputado na Lexislatura e profesor de Economía Política na Universidade de Bos Aires.

(máis…)

(Deportista)

Gastón Gaudio naceu o 9 de decembro de 1978 nunha clínica de Adrogué, provincia de Bos Aires. A súa infancia transcorreu en Temperley. Comezou os seus estudos secundarios nun colexio inglés de dobre escolaridade, pero abandonou ao remate do terceiro ano. A súa prometedora carreira no tenis, chea de viaxes, torneos e adestramento non lle permitiu facer as dúas cousas.

(máis…)

(Actor)

Enrique Muiño naceu o 5 de xullo de 1881 en Galicia. Emigrou a Bos Aires e comezou a traballar aos doce anos. Cando dixo que quería ser actor, o seu pai obrigouno a ingresar na Armada. Convertiuse en actor en 1902 despois de rematar a milicia, chegando a traballar sen cobrar.

(máis…)

Falar ben, non custa un caralho (en Argentina é así)

Febreiriño tolo cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato.

Febreiriño tolo cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato.

(Cantante)

Vigo comezaba a se perfilar como unha grande cidade cando Antonio Rodríguez Lesende nacía en 1905 nun barrio obreiro da cidade olívica. O porto e a saída de barcos cargados de emigrantes convertían a esta vila nunha cidade que medraba vertixinosamente.

(máis…)