Mér 18 Xan 2006
Alberto Cortez
Posted by casdeiro under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Alberto Cortez
Alberto Cortez
Cantante-autor
Nace en Rancul, provincia da Pampa, República Arxentina, o 11 de marzo de 1940 ás 8 da mañá.
Os irmáns García deixaban Galicia embarcándonse en Vigo, como case todos os galegos emigrantes con destino a Bos Aires.
Dous deles, Eladio e Germán García fanse viaxantes. Un dos seus destinos era Trenque Lauquen, onde coñeceron a dúas irmás de orixe vasco. Dona Julia Laburu,
a avoa de Alberto Cortez e Don Eladio, o seu avó, namoráronse e logo dun curto noviazgo casaron e foron vivir a Bos Aires.
Eladio, e a súa nova esposa Julia, deciden regresar a Galicia con toda a familia e fano coa axuda dos seus irmáns.
Nesa breve estancia naceu o pai do artista en Pungín, provincia de Ourense, unha aldea a escasos quince quilómetros da capital provincial.
Ao ano do nacemento do pai do cantante, o avó, a súa muller e a súa prole volveron á Arxentina despues de varios fracasos econòmicos.
Volven para instalarse outra vez na provincia da Pampa.