Hoxe remata unha das dúas estacións nas que os nosos antergos dividían o ano e o verán deixa paso ao inverno.

Moitos din que o Halloween (o Samhain, segundo a súa escrita gaélica, pronunciado Xaoín) é unha tradición importada dos EE.UU. e por esa razón rexéitana. Pero poucos saben que esa tradición, aínda que moi modificada polas modas e a longa viaxe de ida e volta, pasando por Eire e por América, conmemora unha das festas máis importantes da nosa antiga cultura celta, a festa do deus Cerne (ou Cernunnos).

Hoxe é o día en que se difumina a separación entre este e o outro mundo, en que os mortos camiñan entre nós, e nós nos disfrazámonos para agacharnos deles.

Podes ler máis na nosa sección de Tradicións Galegas así como en PlanetaGalego.