Regras para a formación do plural na lingua galega:

  • As palabras rematadas en vogal, ditongo ou -n, engaden s : irmá / irmás , rei / reis, irmán /irmáns .
  • As acabadas en -r, -s e -z , engaden -es : mar/mares, lugués /lugueses, rapaz / rapaces , agás as palabras graves e esdrúxulas rematadas en -s e os nomes rematados en -x que non varían en plural : lapis, martes, mércores, fax …
  • As palabras rematadas en -l, engaden -es : sol / soles, mal / males, cónsul / cónsules, agás se son agudas, que perden o -l e engaden -is: papel / papeis , animal / animais.
    Se a palabra aguda remata en -il, substitúe o l por un s : carril / cadrís
  • Palabras compostas :
    1. Nas que levan os seus elementos unidos, só se forma o plural do segundo elemento: vagalume / vagalumes; paporroibo / paporroibos
    2. Cando os dous elementos se escriben separados, fórmase o plural dos dous termos: garda civil /gardas civís ; porco teixo / porcos teixos
    3. As palabras unidas con preposición pluralizan só o primeiro elemento: cinto de seguridade / cintos de seguridade
  • Os estranxeirismos e cultismos forman normalmente o plural engadindo s: test/tests , boicot/boicots