Fillos de Galicia ofrécevos unhas ferramentas moi útiles para aprender galego namentras navegades pola Rede: os bookmarklets da lingua. Aprende o que son e cómo usalos para aprender galego co teu navegador.

Primeiramente vexamos o que é un

bookmarklet:

Un bookmarklet é un micro-programa escrito en linguaxe JavaScript que gardado como bookmark (ou favorito) no navegador do usuario, permítelle executar certas operacións en calquera páxina que visite.

Estes son os bookmarklets que vos ofrece Fillos, deseñados para consultar calquera palabra en galego que atopemos en calquera páxina que esteamos a visitar:

Agora explicaremos cómo usármolos:

  1. O primeiro é avisar que só funcionan para navegadores da familia Netscape/Mozilla-Fireworks. Se non usas ningún destes, recomendámosche vivamente que descargues o Mozilla e que o probes: verás como Fillos.org e moitas outras páxinas che funcionan mellor e podes navegar dunha forma máis áxil e segura.
  2. O primeiro é crearmos os bookmarks que nos permitirán utilizar os bookmarklets. Aconsellamos crear unha carpeta para os agrupar na nosa barra de ferramentas do usuario do navegador. Despois para crear o bookmark só temos que ir arrastrando cada un dos links que tedes aí enriba a esa carpeta.

  3. Despois, para os usarmos non temos máis que seleccionar calquera palabra co cursor en calquera páxina que visitemos e acto seguido pulsar no bookmark que queiramos usar.

  4. Así, aparecerá o resultado da nosa consulta cun só click!
  5. E se non seleccionamos nada tamén o podemos usar: ao premer no bookmarklet, este verá que non temos seleccionado nada e nos ha preguntar qué palabra queremos consultar.