Lun 26 Set 2005
O infinitivo conxugado
Posted by casdeiro under Aprender galego
Comentarios desactivados en O infinitivo conxugado
O galego e mais o portugués teñen unha peculiariedade: poden conxugar o infinitivo dos verbos. Vexamos en que casos…
Exemplos de frases onde non se debe conxugar:
- Queredes vir connosco?
- Pode ir cando queira.
- Non vas coller o autobús.
- Veume dicir que marchaba.
- Comer e rañar todo che é empezar.
- Hei de ir contigo se queres.
- Sentíate rebulir no faiado.
- Mandoume vir hoxe.
Exemplos onde se pode e é recomendable usalo conxugado, indicando así o subxecto:
- Celebraría que non tivésedes tanta carraxe.
Celebraría non terdes tanta carraxe.
- Vincho cando te deches a volta.
Vincho ao te dares a volta.
- Convén salientar esta cuestión.
Convén salientarmos esta cuestión.
- Ao emigraren, levaron consigo o amor á terra.
- Temos que axudar a colleren os ladróns.
No Responses to “ O infinitivo conxugado ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.