Archive for Setembro 13th, 2005

(Presidente da República Oriental do Uruguay)

Descendente de galegos; os seus avós paternos viñeron de Galicia, o seu avó de Ourense, e a súa avoa de Santiago de Compostela.

Tabaré Ramón Vázquez Rosas naceu no barrio La Teja da cidade de Montevideo, o 17 de Xaneiro de 1940. O seu pai, Héctor Vázquez, e a súa muller, Elena Rosas, tiveron cinco fillos. Tabaré foi o cuarto.Está casado con María Auxiliadora Delgado, ten tres fillos: Ignacio, Álvaro e Javier e criaron outro, Fabián Barbosa.

Estudou Medicina na Universidad de la República. Gradúase como especialista en Oncoloxía e Radioterapia en agosto de 1972.

Foi presidente da Liga Universitaria de Deportes e a Confederación sudamericana Universitaria.

Afiliado ao Partido Socialista, integra a súa dirección dende o 39 Congreso del PS en decembro de 1987.

O Frente Amplio elíxeo para ser candidato a Intendente nas eleccións de novembro de 1989. É electo intendente de Montevideo, asumindo como tal o 15 de febreiro de 1990
Membro de Congreso Nacional de Intendentes (1990-94) e Presidente do mesmo durante o exercicio 1993.

En xullo de 1994 é proclamado polo Frente Amplio como candidato ás eleccións presidenciais igual que en 1999 e para as de 2004, ano en que, por fin consegue o seu propósito e ocupa o cargo de Presidente da República Oriental de Uruguay.

(Bailarina)

Agustina Otero Iglesias nada o 4 de novembro de 1868 en Valga, Pontevedra, foi a bailarina coñecida como La Bella Otero.

Era filla de nai solteira de familia moi pobre e viviu unha infancia miserable alimentada por un espírito rebelde e descarado que non encaixaba co entorno no que nacera. (máis…)

(Profesora)

Ourensana de nacemento e residente en Berna dende 1990, é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Licenciada en Letras pola de Friburgo coa tesina La cathédrale de Saint-Jacques-de-Compostelle et ses portails (Summa cum laude).

(máis…)

(Diplomático)

Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar, naceu o 1 de Novembro de 1567 en Gondomar (Pontevedra) e morreu preto de Haro de la Rioja en 1626)

Nobre e diplomático importantísimo na vida política e nas relacións internacionais de España de finais de s.XVI a principios do XVII, foi embaixador de Felipe III na corte de Xacobo I de Inglaterra e amigo do Duque de Lerma, favorito do Rei.

(máis…)

(Empresario)

Fernando Fernández-Tapias naceu en novembro de 1938 en Vigo.

É diplomado polo Instituto Internacional de Empresas da Universidade Comercial de Deusto. Conta con moitos años de experiencia na actividade de empresas marítimas, algunhas fundadas por el (Internacional Roll-On Roll-Off, Interpuertos, Spain Shipping, Naviera Amura e Naviera Roda).

(máis…)

(Aventureiro)

Diego Álvarez Correa (Caramurú) naceu na Coruña no século XVI, aínda que algúns investigadores portugueses afirman que naceu en Viana do Castelo. Diego, desde temperá idade está vinculado aos labores do mar.

(máis…)

(Científico)

José Mariano Mociño Suárez de Figueroa, criollo mexicano, fillo de galegos, nacido en Temascaltepec (México) en 1763, estudiou filosofía no Colexio San Xoán de Letrán, na capital mexicana, optando máis tarde pola medicina e a botánica.

Foi membro da Real Expedición Botánica a Nova España, que dende 1786, e baixo a dirección de Martín de Sessé e a de José Mociño, percorreu e explorou as terras do Virreinato de Nova España, incluíndo as da Capitanía Xeral de Guatemala e das Illas de Barlovento.

(máis…)

(Conquistador)

Rodrigo de Quiroga e Camba López de Ulloa (San Xoán de Boime, 1512 – Santiago de Chile, 25 de febreiro de 1580), conquistador de orixe galega, foi fillo de Hernando Camba de Quiroga e de María López de Ulloa.

No ano 1535 emigrou a Perú e participou na exploración do Gran Chaco na expedición de Diego de Rojas. Anos máis tarde chegou a Chile acompañando ao grupo dirixido polo conquistador Francisco de Aguirre, que se xuntou con Pedro de Valdivia en Atacama.

(máis…)