Sáb 20 Ago 2005
Idade Media: O Reino de Galicia: …foi borrado da historia
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
[2] Comments
Algúns apuntes extraídos dunha entrevista de A Nosa Terra ao historiador Anselmo López Carreira co gallo da publicación da súa obra O reino medieval de Galicia.
- A visión española necesitou negar a existencia do reino de Galicia para xustificar unha explicación coerente de España como nación histórica.
- A provincia romana de Hispania non exitiu nunca.
- No paso da Galicia romana á posromana non houbo hecatombe ningunha. Na historia de Galicia a continuidade prevalece sobre os grandes cortes.
- A Galicia romana extendíase desde o río Douro até Cantabria. Na época sueva extende o seu dominio até o río Tejo.
- Galicia é o reino cristián occidental.
- A Reconquista que se explicou é unha invención.
- Os límites de Galicia no século VI até o século XI son practicamente idénticos.
- Non había reino de León, senón reino de Galicia con capital en León; non había reino de Asturias, senón que os reis vivían en Uvieu, pero eran reis do territorio chamado Galicia.
- As denominacións Reino de Astrurias e León aparecen coa historiografía do século XIX. Antes falábase do reino dos cristiáns. Pero había que consolidar unha secuencia Asturias-León-Castela-España.
- O reino suevo é o primeiro reino de Europa. Malia durar 200 anos é apartado do relato histórico.
- A base histórica de España son os visigodos. Admitir outro reino nese territorio pretensamente unificado, fai renxer o edificio oficial.
- A historiografía galega do XIX tomou ao pé da letra a crónica de Idacio, esquecendo que el representaba unha aristocracia galaico-romana que non aceptaba o reino suevo.
- Os suevos chegan no 410, como un grupo organizado de familias que herda as funcións públicas correspondentes ao Estado Romano e exercen o seu poder en nome do Emperador.
- A fusión de galaicos e suevos é completa no século VI.
- Os vestixios xermánicos que se atribúen aos visigodos tamén podemos adxudicalos aos suevos.
- Do reino suevo pasamos a unha época escura.
- Os musulmáns por razóns políticas non entran en Galicia: viñeran chamados polos vitiziáns, contrarios a Don Rodrigo, e non entran en Galicia porque era vitiziana, xa que o propio Vitiza fora rei de Galicia. Para os musulmáns Galicia era territorio amigo.
- Algúns señores tentarán denominarse rei, que é o caso de Paio (o coñecido como Don Pelayo), un señor local dos arredores de Cangas de Onís.
- Inventáronse liñas hereditarias para lexitimar o poder; é difícil estabelecer cal é a liña lexítima.
- Castela pertence ao reino de Galicia, dependendo do condado de León, pero a Galicia histórica remataba á altura de Sahagún. Polo tanto Castela era politicamente de Galicia, pero xa non humanamente.
- No século VI xa os veciños francos referíanse ao reino galego.
- Despois Galicia pertence á monarquía visigoda, pero distinguen España de Galicia, aínda que os reis sexan os mesmos.
- Con Afonso VI, no século XI, co Reino de Toledo o peso político gravita de Galicia cara á meseta.
- No século XII rompe o espazo político galego, coa aparición de Portugal e un territorio leonés que xa non é galego. Desde entón o espazo coñecido como Galicia é practicamente o actual pero incluindo o Bierzo.
- Até 1230, en que nos unimos a Castela baixo Fernando III O Santo, os reis residen en León e entérranse en Galicia.
- Á nobreza tradicional galega afectoulle moito a crise europea do século XIV.
- A dinastía Trastámara remata cunha nobreza condal forte que había que Galicia, pero aúpa a unha nobreza de segundóns galegos.
- Este fenómeno, normal en toda Europa, recibe a puntilla co movemento das Irmandades e coa imposición dos Reis Católicos.
- Os Reis Católicos visitan Galicia en 1486 despois de eliminar as derradeiras resistencias nobiliarias, que reivindicaban un poder feudal fronte ao nacente estado moderno, moi centralizado baixo unha monarquía autoritaria.
- Os principais beneficiarios será a nobreza eclesiástica.
- Son eliminados Pardo de Cela, Álvarez de Soutomaior e os condes de Lemos. O castigo de Pardo de Cela foi especialmente cruel. Con eles desaparece o reino de Galicia.
- A concepción do Estado Liberal español seguiu o modelo francés e non o británico, onde non importaba considerar que o Reino Unido é unha unión de nacións. O español identificaba estado e nación, e isto precisaba xustificacións historicistas. A xeración do 98 decide montar a nación española sobre Castela.
Hai tempo, cando comezei a universidade na cidade milenaria da coruña, un profesor de historia dixo nada máis comezar a clase: ” sabede que na historia todo é mentira porque sempre é escrita polos vencedores…” Parece que a nós, os galegos tocounos perder hai tempo, xa que non nos recoñecen a nosa historia, e o que é máis triste es que os propios que din chamarse galegos son os primeiros en tiralas.
eu que case xa non vexo a miña terra a vexo nos meus soños verde, co océano bañando as súas beiras e os nenos xogando e falando galego, mais claro tan só é un soño.
Non hai maior derrota que a que se infrixe un mesmo. Galiza desaparece, languidece é un nome hoco sen nada dentro. que nos queda? a miuñeira como se fósemos nativos nunha reserva? o marisco xa ven de América, o peixe cada vez hai menos… e da fala! millor non falar!
A nosa Historia era nosa, robáronnos o corazón e a nosa orixe celta, o noso ceo, as nosas praias, iso sí, deixáronnos o noso nome, GALICIA! Deberiamos darlle-las gracias, non grazas, ós nosos políticos todos, fonte de tanta sabidoría e por non seren uns vulgares ladróns…