(Político)

Nado o 21 de abril de1930, era fillo de dous emigrantes galegos, Mario Covas e Arminda Carneiro, que se radicaron na cidade de Santos, no litoral Sur de São Paulo, onde naceu o seu fillo.

Graduado en enxeñería civil pola Escola Politécnica da Universidade de São Paulo, traballou como enxeñeiro na Prefectura de Santos ata 1962 e comezou axiña a súa vida política ligada ao Movemento Democrático Nacional (MDB), único partido da oposición no tempo da Dictadura Militar, do que foi un dos fundadores e máis tarde presidente.

Foi deputado federal en dous períodos dende 1962 e Senador da República a partir de 1986, sendo membro da Asemblea que elaborou a Constitución Brasileira de 1988. Foi tamén foi un dos fundadores do Partido da Social Democracia Brasileira, o PSDB, e seu primeiro Presidente, e candidato á presidencia do país nas eleccións presidenciais de 1989.

Dende 1994 ata 2001, data do seu falecemento, foi Gobernador de São Paulo.