(Militar)

Naceu en Bos Aires en 1790, fillo do oidor da Real Audiencia desta cidade, Lorenzo Blanco Cicerón, un galego natural de Marín (Pontevedra) e de Mercedes Calvo de Encalada, chilena, ambos de familia noble.

Formado como militar na Marina Española, foi o primeiro oficial en acadar o grado de vicealmirante da Armada de Chile (1818), e foi tamén Presidente da República Chilena en 1826.

Destacou polas súas misións militares en favor da independencia de Chile e de toda a rexión do Plata, destacando entre estas a liberación de Chiloé. Tamén participou moi activamente na Guerra contra a confederación Perú-boliviana.

En 1837 foi nomeado Xeneral Xefe do exército restaurador do Perú e Ministro de Chile en Francia en 1853. Faleceu en 1876.