(Científico)

José Antonio Balseiro naceu na cidade de Córdoba (Arxentina) o 29 de marzo de 1919, cuarto fillo de Antonio Balseiro, que emigrara na súa adolescencia, e de Victoria Lahore, arxentina de orixe francés.

Realizou os estudios primarios nas escolas públicas e os secundarios no Colexio Monserrat.

En marzo de 1939 inscribiuse na Universidade Nacional de La Plata na carreira de Ciencias Fisicomatemáticas, recibindo da Universidad Nacional de Córdoba unha beca para cursar a carrera de física que non podía facer na mesma.
En 1944 doctórase pola Universidade da Plata.

Tamén en 1944 asiste ao acto de fundación da Asociación Física Arxentina da que formou parte activa ao longo da súa vida e da que foi elexido presidente en 1959.

Entre 1945 y 1947 traballa no Observatorio Astronómico de Córdoba en temas de física teórica.

Despois dun tempo como profesor interino de na Universidade de La Plata, en 1950 marcha traballar á Universidad de Manchester en temas de física nuclear.

Foi requerido polo goberno arxentino en xullo de 1952 para integrar a Comisión Investigadora de Proxecto Huemul e entón regresa á Argentina. O seu “Informe Técnico sobre la Inspección Realizada a la Isla Huemul en San Carlos de Bariloche” é presentado ao goberno arxentino en setembro de 1952.

Tamén en 1952 é designado Director do Instituto de Física da Universidade de Bos Aires e en 1954 pasa a prestar servizos na Comisión Nacional da Enerxía Atómica.

En 1954 asiste en Bariloche ao Primeiro Curso de Verán sobre Reactores e Física Teórica e en xaneiro de 1955 a CNEA designao para dirixir o segundo, conxuntamente con un curso para profesores de física auspiciado pola UNESCO.

Fundou o Instituto de Física de Bariloche en 1955, do que foi director.

Balseiro morreu en Bariloche o 26 de marzo de 1962, sen cumplir os 43. Deixou tras de si un exemplo de vida rexida polos máis altos principios de honestidade , dedicada en boa parte ao avance da ciencia na Arxentina.