(Político)

Nado en 1935 en Ferrol, é Doutor en Dereito pola Universidade de Salamanca.

Exerceu como profesor nas Universidades Complutense de Puerto Rico e de Santiago de Chile.

En 1976 acadou a Cátedra de Dereito Político na Universidade de Oviedo e, posteriormente, nas Universidades de Alcalá de Henares e na UNED. En 1980 pasou a ocupar o posto de Rector da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e na actualidade é Catedrático de Dereito Constitucional na Universidade Complutense de Madrid.

Político importante na transición á democracia como fundador con Tierno-Galván do PSP e secretario xeral do mesmo, foi deputado nas Cortes Constituíntes e posteriormente foi, entre outras cousas, embaixador ante a UNESCO, e en Portugal e Venezuela.

Actualmente exerce ese cargo na República de Trinidad y Tobago.