(Médico)

Nado na parroquia de Santa María da Pena (Sárria, Lugo) é profesor titular de Pediatría da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, é ademais Xefe do Servizo e da Unidade de Endocrinoloxía e Crecemento de Pediatría do Hospital Clínico Universitario.

Foi un dos primeiros impulsores da especialidade de endocrinoloxía pediátrica en España. Asemade, é membro fundador e Presidente da Sociedade Española de Endocrinoloxía Pediátrica, Vicepresidente da Asociación Española de Pediatría de Galicia e correspondente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Pertence tamén a varias sociedades científicas estranxeiras como a European Society for Pedriatic Endocrinology e a Lawson Wilkins Pediatric Endocrine Society de USA. Manuel Pombo forma parte do comité editorial de varias publicacións cientificas, entre elas, a Revista española de Pediatría, Anales españoles de Pediatría e a Revista de Crecimiento.

Recibiu, entre outros galardóns, os premios da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e o Suárez Perdiguero de investigación en nutrición infantil en 1990.