(Xornalista)

Ignacio Ramonet (Redondela, Pontevedra, 1943) é doutor en Semioloxía e Historia da cultura e catedrático de Teoría da comunicación.

Especialista en xeopolítica e estratexia internacional (experto-consultante da ONU), foi premiado en numerosas ocasións polo seu labor periodístico.

É tamén autor de varios libros, (a meirande parte deles traducidos a varias linguas), entre os que destacan: La Golosina visual, Cómo nos venden la moto, (con Chomsky), Un Mundo sin rumbo , Rebeldes, dioses y excluidos (con Mariano Aguirre), La tiranía de la comunicación , Propagandas silenciosas , Guerras del Siglo XXI ou Irak: historia de un desastre.

Na actualidade dirixe o prestigioso semanario de esquerda “Le Monde Diplomatique” e” Manière de voir”, e convertiuse dende a súa su tribuna en París, nun dos intelectuais de máis valía internacional