(Actriz)

Filla e neta de burgueses da Coruña, María Casares Pérez naceu nesta cidade en 1922.

Filla de Santiago Casares Quiroga, político da Segunda República que foi ministro de Mariña, Gobernación, Xefe do Goberno e Ministro da Guerra, sucesivamente, no Goberno de Azaña, exiliouse coa súa familia despois do alzamento de 1936, primeiro a Londres e logo a París.

Alí comezaría o interese de María polo teatro, e máis tarde polo cine, chegando a ser unha das máis coñecidas actrices na Francia do século XX. O existencialismo francés convertiuna nun dos seus iconos.

No ano 1943 interpretará O Malentendido, a primeira obra teatral de Albert Camus, un escritor co que manterá unha relación de anos que propiciará que entre en contacto con Sastre, Simone de Beauvoir, Picasso ou Jean Cocteau. Precisamente con este director, en 1950, o seu papel no filme “Orpheo” daralle sona universal.

Outras das obras que interpretou con moito éxito foron:
“Seis personaxes en busca de autor”, “Xoana de Arco”, “El adefesio” de Alberti ou “Comedias bárbaras” de Valle-Inclán, entre outras.

Foi repetidamente premiada tanto en Francia como en España. En Galicia outorgouselle a medalla Castelao da Xunta, que non se achegou a recoller.

No ano de 1996, María Casares aceptará que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, a petición da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea.