O deus LugLug era un dos deuses dos nosos antergos celtas. A súa festa celébrase en todos os países célticos, e en Galicia hoxe está deturpada polas festas cristiáns do Apóstol Santiago (final de xullo) ou tal vez da festa da Virxe (15 de agosto) e tamén hai quen a relacionado coa do San Xoán (final de xuño). A data na que se celebra noutros países é o 1 de agosto ou o derradeiro domingo de Xullo.

Este deus, un dos máis importantes do panteón céltico (senón o máis), deu nome a diversas poboaciones, moi importante hoxe en día, como Lugudunum (a cidade de Lugus: Lyon, en Francia e Leiden nos Países Baixos), Luguvalium (Carlisle, en Inglaterra), o mesmo Londres (London viría de Lugdunum) ou o noso galego Lugo, que erroneamente se atribúe a os romanos. Probablemente alí, antes da chegada dos conquistadores romanos, había un castro ou fraga sagrada dedicada a este deus. Os romanos soamente tería adaptado o topónimo á súa lingua (Lucus). Outros testemuños achados en Galicia deste deus son Lugubus Arquienobus e Lucobus Arquienis.

Este deus chámase Lugh en Eire (pronunciado Luga ou Lu; un dos míticos Tuatha Dá Danann), Lleu en Galés e Lugos para os antigos galos. O seu nome significa o que brilla e suponse que era un deus solar e da luz (equivalente ao grego Apolo), ademais de experto en todas as artes (Ioldanach, pronunciado ildana) segundo algúns relatos irlandeses. Tamén ten que ver con lugos que significa corvo, que é un animal asociado con este deus. A traza da Vía Láctea no ceo chamábana a cadea de Lug.

A festa de Lug (o Lugnassad en Eire, Lla Llunays na Illa de Man, Gwyl Awst en Gales) é a festa do medio do verán onde se celebran as cosechas, e nos antigos tempos eran tan importante como as festas do Beltain ou do Samhain. Esta festa aínda se celebra por exemplo en Irlanda onde se fan carreiras de cabalos, feiras e todo tipo de xogos.

En irlandés moderno, o mes de agosto chámase, en honor deste deus, Lúnasa. Tamén hai quen di que o famoso Leprechaun ten a súa orixe neste deus, e que o seu nome orixinal sería Lug-chromain.