Archive for Agosto, 2005

Algúns apuntes extraídos dunha entrevista de A Nosa Terra ao historiador Anselmo López Carreira co gallo da publicación da súa obra O reino medieval de Galicia.
(máis…)

En resposta a unha pregunta que fixo fai un tempo Débora Campos na rolda Fillos-L, quero contar todas estas cousas sobre este humilde labor de coidar as vacas, e as lembrabzas que teño do tempo en que eu, unha nena da montaña luguesa, o facía a cotío.

(máis…)

(Militar)

Naceu en Bos Aires en 1790, fillo do oidor da Real Audiencia desta cidade, Lorenzo Blanco Cicerón, un galego natural de Marín (Pontevedra) e de Mercedes Calvo de Encalada, chilena, ambos de familia noble.

(máis…)

(Actor)

Actor nacido na Coruña, que emigrou a Venezuela coa súa familia sendo un adolescente. Actor de cine, teatro e televisión, é máis coñecido polo seu traballo en telenovelas venezolanas de gran audiencia. É ademais o fundador da Peña Deportivista de Venezuela.

(Científico)

José Antonio Balseiro naceu na cidade de Córdoba (Arxentina) o 29 de marzo de 1919, cuarto fillo de Antonio Balseiro, que emigrara na súa adolescencia, e de Victoria Lahore, arxentina de orixe francés.

(máis…)

(Político)

Nado o 21 de abril de1930, era fillo de dous emigrantes galegos, Mario Covas e Arminda Carneiro, que se radicaron na cidade de Santos, no litoral Sur de São Paulo, onde naceu o seu fillo.

(máis…)

(Médico)

Nado na parroquia de Santa María da Pena (Sárria, Lugo) é profesor titular de Pediatría da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, é ademais Xefe do Servizo e da Unidade de Endocrinoloxía e Crecemento de Pediatría do Hospital Clínico Universitario.

(máis…)

(Político)

Nado en 1935 en Ferrol, é Doutor en Dereito pola Universidade de Salamanca.

Exerceu como profesor nas Universidades Complutense de Puerto Rico e de Santiago de Chile.

(máis…)

(Xornalista)

Ignacio Ramonet (Redondela, Pontevedra, 1943) é doutor en Semioloxía e Historia da cultura e catedrático de Teoría da comunicación.

(máis…)

(Actriz)

Filla e neta de burgueses da Coruña, María Casares Pérez naceu nesta cidade en 1922.

Filla de Santiago Casares Quiroga, político da Segunda República que foi ministro de Mariña, Gobernación, Xefe do Goberno e Ministro da Guerra, sucesivamente, no Goberno de Azaña, exiliouse coa súa familia despois do alzamento de 1936, primeiro a Londres e logo a París.

(máis…)