Ven 29 Xul 2005
Diccionario Cumio da Lingua Galega
Posted by casdeiro under Didácticos e Referencia, Libros recomendados
Comentarios desactivados en Diccionario Cumio da Lingua Galega
Para min este é o mellor dicionario de galego da actualidade (co permiso do Xerais, tamén moi bo). O Cumio, do xullo de 2004, está adaptado á nova normativa do 2003. Ademais de incluír unha enorme cantidade de palabras coas súas definicións (44.000 entradas), contén a etimoloxía das voces, sinónimos e antónimos, neoloxismos e “falsas entradas”, é dicir, aparecen termos incorrectos que remiten á forma correcta. Por exemplo, no ceta vemos: *zozobrar. v. naufragar. O asterisco indica que o termo non existe na lingua galega, de maneira que cómpre usar a voz que se propón. (Destaco isto porque para os que cometemos moitos erros, as falsas entradas axudan moitísimo: ¿de que serve buscar un castelanismo, por exemplo, e só comprobar que en galego esa palabra non existe? é moito mellor que o dicionario aporte a solución ao noso problema, ¿non si?)
Como inconveniente, o seu volume: é un libro de 28 cm e unhas 900 páxinas. Non obstante, paga moito a pena, porque a información contida é moi completa.