Sáb 10 Abr 2004
Trocos na ortografía oficial
Posted by casdeiro under Aprender galego
Comentarios desactivados en Trocos na ortografía oficial
No 2003 aprobáronse novas normas ortográficas para o galego. Coñéceas.
A Real Academia da Lingua Galega aprobou algunhas modificacións á escrita oficial do idioma galego. Velaquí tedes un pequeno resume dalgunhas delas.
Antes | Agora |
---|---|
vocal | vogal |
estudio, estudiar | estudo, estudar |
q = letra cu | q = letra que |
ll = letra elle | ll = letra ele dobre |
-ict- (victoria) -icc- (diccionario) -uct- (producto) -ucc- (conducción) |
-it-(vitoria) -ic- (dicionario) -ut- (produto) -uc- (condución) |
diferencia | diferenza |
espacio | espazo |
servicio | servizo |
presencia | presenza |
tercio | terzo |
-ble | -ble ou -bel |
xubileo | xubileu |
bacallao | bacallau |
pao | pau |
ímpetu | impeto |
tribu | tribo |
afgana | afgá |
alemana | alemá |
capitana | capitá |
catalana | catalá |
gardiana | gardiá |
musulmana | musulmá |
pubertade | puberdade |
-ería / -aría | -aría mellor ca -ería |
come-lo caldo |
comer o caldo mellor ca come-lo caldo (-lo soamente obrigatorio en polo e ulo) |
esto, eso, aquelo eran correctos | soamente son correctos isto, iso, aquilo |
cuxo era incorrecto | cuxo é correcto |
vinteún, vintedous… | vinte e un, vinte e dous… |
triple, cuádruple eran correctos | triple, cuádruple son incorrectos |
ouvir era incorrecto | ouvir é correcto |
a cotío | acotío |
de cotío | decotío |
de contado | decontado |
en seguida | enseguida |
de seguido | deseguido |
a modo | amodo |
de vagar | devagar |
anque era correcto | anque é incorrecto |
nembargantes era correcto | nembargantes é incorrecto |
sen embargo era correcto | sen embargo é incorrecto |
entonces era correcto | entonces é incorrecto |
rector | reitor |
secta | seita |
No Responses to “ Trocos na ortografía oficial ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.