Fillos de Galicia quere achegar a tódolos descendentes de galegos un pouquiño da nosa historia, do noso pasado común, que os nosos pais e avós na maioría dos casos non nos puideron trasmitir pola escasa e parcial educación recibida. O seguinte repaso á historia de Galiza foi extraído de “Aproximación á leitura do Sempre en Galiza” por Manuel Rei Romeu, no Caderno de debate nº3 de Galiza Nova “Castelao, o Sempre en Galiza e o nacionalismo galego”. Por suposto recomendámovos a leitura do “Sempre en Galiza” de Castelao, un libro fundamental para coñecer a nosa historia e os alicerces do pensamento galeguista.

(…) etapas más relevantes do noso devir histórico:

a) Galiza existeu como comunidade territorial homoxénea desde os tempos anteriores á invasión romana e como tal foi percibida e descrita. A romanización, sendo fonda e decisiva, adquiriu aqui tintes específicos ao non conseguir diluir o forte sustrato prerromano dos povoadores autóctonos.

b) Tras o derrubamento do imperio romano, o periodo suevo (410-585) confíre-lle realización política plena ao território diferenciado de Galiza, instaurándo-se nun dos primeiros reinos de Europa occidental.

c) Galiza entra na Idade Meia como nación plenamente consolidada, acollendo unha cultura esplendorosa. Universalidade derivada da comunicación con Europa, arte románica consagrada, relixiosidade específica enraizada na doutrina de Prisciliano, idioma fecundo e de valor trasnacional, cultivado na lírica trovadoresca, etc., son as mostras máis sobresaintes desta prosperidade.

d) O ponto de inflexión na história de Galiza situa-se no sometimento á coroa de Castela, tras o fracaso da Revolución irmandiña e a asimilación da nobreza que podia defender os nosos intereses e a nosa liberdade. Algúns destes nobres opuxeron resistencia a unha coroa allea que non viña a liberar ao povo da suaa escravitude, senón a substituir uns señores por outros. O caso paradigmático que encarna a derradeira defensa das liberdades nacionais é o do mariscal Pardo de Cela, insubmiso desde 1479 aos Reis Católicos e executado publicamente en Mondoñedo en 1483.

e) O sometemento conlevou marxinación a nivel económico, político e cultural: con tributos en diñeiro, matérias primas, homes para o exército, privación do voto en Cortes, representándo-nos Zamora, perda progresiva da representatividade que conferia a Xunta Xeral do Reino de Galiza, exclusión do galego dos usos escritos e siléncio literário. Avaliando o papel que, loxicamente, cumpria a nobreza naquelaa época, agora asimilada, é doado comprender que as clases populares quedasen desvinculadas dun sentimento nacional, sen referentes e sometidas á aldraxe que os vencedores impoñen aos vencidos, mesmamente como se dun povo colonizado se tratar. A colonización afondou na submisión: “Soio diremos que a conta dos noso inúteis sacrificios foi medrando en progresión xeométrica e inversamente foron decrecendo as nosas liberdades políticas” (p. 402).

Paralelamente cabe subliñar o fracaso do Estado imperialista na construcción da chamada “unidade nacional” ao non conseguir galvanizar a pluridade nacional existente: “Porque dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida coon toda riqueza de astucias e violencias, o nosoo idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados” (p. 42). Mais o despilfarro, o desbaraxuste das monarquias centralistas acaban provocando a ruina de povoss como o galego que viñan de ser tan esplendorosos.

f) O salto cualitativo na estructuración do Estado burgués centralista dá-se entrado o século XIX, dende a división provincial de 1833, que acaba por esnaquizar a personalidade de Galiza e a sua capacidade de resposta, non paran de se agudizar os mecanismos de colonización, agora máis estendidos por meio do Ensino, a Igrexa, o Exército, a prensa, etc. A ideoloxía liberal, fervente defensora do progreso capitalista contribúe decididaamente á españolización da sociedade urbana sobre todo, de igual maneira que a emigración contribúe a aumentar a infravaloraciión e o auto-ódio. Esta situación crítica servirá de revulsivo para o xurdimento e a consolidación dunha resposta organizada (provincialismo, rexionalismo, nacionalismo).