Receita: Caldo galego con carne

Ingredientes

  • carne fresca de vitela (“falda” ou jarrete)
  • costela de porco e touciño salgados
  • un chourizo
  • 500 g de patacas
  • uns mañuzos de grelos ou un repolo
  • fabas brancas
  • 50 g de unto

Instrucións

  1. Pór ao lume abundante auga con sal nunha pota alta e grande xunto co anaco de unto e as fabas.
  2. Cando ferva engadir as carnes todas xuntas
    e deixar cocer a lume mediano 1 hora.
  3. Segundo as carnes vaian estando tenras sácanse e pásanse a outra pota cun pouco de caldo do cocido.
  4. Ó final, xa todo cocido, rectifícase de sal e engádenselle os grelos ou o repolo, trochados e as patacas cortadas en lascas e deixándoo cocer todo ata que estea no seu punto.
  5. As carnes sérvense como complemento, ben quentándoas na mesma pota do caldo ou aparte co caldo que lle reservamos

Número de comensais: 12

Tradición culinaria: Galega

Receita enviada por Manuel Gómez.
Microformatting by hRecipe.

Notas

Este caldo chámase así, simplemente, porque vai xenerosamente complementado con carnes.

As carnes salgadas de porco haberanse desalgado deixándoas a remollo, en auga fría de véspera.

As fabas se son secas déixanse a remollo, en auga a noite anterior, se son fabas novas non fai falla.

Se fosen fabas en conserva, como xa están cocidas, case mellor engadirllas a media cocción xunto coas patacas.

O caldo ha de quedar dun aspecto turbio e lixeiro pero con corpo. Se o caldo quedase demasiado solto, poden esmagarse algunhas fabas e patacas para que espese.